Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PODERÍANLLE CAER 45 ANOS DE PRISIÓN EN EE.UU.

O hacker que entrou na NASA perde o recurso contra a súa extradición

McKinnon está acusado de cometer “o maior ataque informático a computadoras militares de todos os tempos”

M.V. - 17:57 03/04/2007
Gary McKinnon / Foto: Wikipedia

Gary McKinnon / Foto: Wikipedia

O hacker escocés Gary McKinnon acaba de perder o recurso contra a súa extradición aos Estados Unidos. McKinnon foi condenado por entrar en 97 computadores da NASA e do exército dos Estados Unidos; no que a Xustiza británica chamou “o maior ataque informático a computadoras militares de todos os tempos”.

”Solo” espiou á Nasa
McKinnon recoñeceu ante a Xustiza ter entrado en ducias de ordenadores militares norteamericanos durante 2001 e 2002. O acusado, que actuaba baixo o alcume de “Solo”, alega que nunca causou mal algún. Di que se limitou a desafiar a súa propia habilidade informática entrando nos sistemas militares.

Polo contrario, o goberno de EE.UU argumenta que polo menos unha vez apagou unha rede de máis de 2.000 computadores. Tamén asegura que o “hacking” custoulle uns 700.000 euros en danos.

A rede mobilízase ao seu favor

McKinnon foi apresado en 2002 en Londres. Asegura que deixou pistas aos técnicos norteamericanos para que o collesen. E é que rachar a seguridade dos ordenadores do exército converteuse nunha adicción.

Absorvido polo “hacking”, o informático de 41 anos perdeu a súa moza e o seu traballo e, nunha entrevista coa BBC, asegurou que “chegou un punto que nin sequera me lavaba, non coidaba de min mesmo, non comía”.

Agora quédalle un último recurso ante o tribunal dos Lords. De perdelo, podería enfrontarse a unha condena de 45 anos nunha prisión dos EE.UU. Na rede tense creado un movemento de apoio a este pirata informático.


Ligazóns

4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: