Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Homenaxe en Trasalba

Virxilio na voz de cinco poetas

Continuando cos actos de homenaxe ao pintor ourensán, a Fundaicón Otero Pedrayo organiza este sábado un recital poético musical. Mentres, a exposición 'Os chaos de Amoeiro' continuará na Casa Grande de Cimadevila até setembro.

Redacción - 18:10 30/03/2007

Este sábado día 31 de marzo continúan, na Casa Grande de Cimadevila, de Otero Pedrayo, en Trasalba, os actos de homenaxe a Virxilio organizados pola Fundación Otero Pedrayo. A semana pasada foi inaugurada unha exposición co título 'Os chaos do Amoeiro', na que se recolle boa mostra da obra do pintor.

Ás 19.30 comezará no auditorio da Casa-Museo un recital de poesía presentado por Afonso Vázquez Monxardín. Nel participarán Isolda Santiago, o celanovés Baldo Ramos, o fisterrán Modesto Fraga, o ceense Rafa Villar e o ourensán Manolo Outeiriño. Ademais, actuará a Coral Polifónica do Casino do Carballiño

No 60 Otero Pedrayo incluíu a Virxilio cando falaba en “Vida Gallega” dos grandes pintores galegos: Castelao, Seoane, Prego, Maside, Laxeiro... Agora volve ás terras de Trasalba, na súa obra 'Os chaos de Amoeiro'. O pintor, aos seus oitenta e dous anos, segue a ser un clásico vivente, e ten retratado cos pinceis as terras que Otero pintou con palabras: a bocarribeira, a Galiza rural de interior: o amarelo de xestas e mimosas, de toxos e solpores outonizos, preside a obra de Virxilio.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: