Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VEIGUELA DETALLA O PEGSI NO PARLAMENTO

A Xunta di que destinará un 12% máis cada ano en novas tecnoloxías

O goberno galego está “absolutamente comprometido” coa adopción de estándares abertos aínda que traballa sen datas concretas

Manuel Vilas - 13:54 30/03/2007

A directora xeral de Sociedade da Información, Elena Veiguela, deu conta hoxe no Parlamento do documento que guía a política da Xunta para as novas tecnoloxías. O Plano Estratéxico para a Sociedade da Información (PEGSI) conta cun orzamento de máis de 809 euros, a inverter ata 2010. Isto supón, segundo Veiguela, que os cartos que adicará a Xunta a este sector aumentarán un 12% de media anual.

Un das estratexias máis innovadoras do PESGI é o apoio institucional ao software libre. Sobre este campo, Veiguela adiantou que "a Xunta de Galicia ten un plan para que os postos de traballo dos funcionarios poidan, nunha primeira fase, usar software aberto e privativo".

Iso si, a mandataria engadiu que, aínda que “a Xunta está absolutamente comprometida coa adopción de estándares abertos”, traballa neste campo “sen datas concretas”.

Medidas para evitar o despoboamento rural
Veiguela tamén explicou que máis de 176 millóns de euros serán investidos na renovación tecnolóxica das empresas, especialmente nas PEMES. "Se non logramos que as empresas galegas se adapten ao novo modelo de mercado -que é o mercado en rede- as nosas empresas non serán quen de competir" xustificou a mandataria.

Por último, a directora cualificou de “importantísimo” apoiar ás empresas do rural para o desenvolvemento do agro e así lograr “fixar poboación fóra do Eixo Atlántico”.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: