Os estadounidenses prepáranse para unha crise enerxética presentando propostas na rede.
Web do xogo
Como viviriamos nun mundo sen petróleo? Un xogo de realidade alternativa na rede, que comezará a funcionar o 30 de abril, pretende que os participantes suxiran estratexias enerxéticas nunha situación en que non exista o combustíbel.
A iniciativa, proposta pola corporación de medios públicos estadounidenses e deseñada polo Institute for the Future, sitúase nun hipotético caso en que se esgotasen as reservas petrolíferas do país e non fose posíbel a importación dende o exterior.
O xogo chámase World Without Oil (mundo sen petróleo) e non ten ánimo de lucro, senón un fin social. A proposta presentouse na Conferencia de Tecnoloxías Emerxentes de San Diego como un primeiro paso para que, nun futuro próximo, se poidan construír realidades alternativas que axuden a xente na súa vida cotiá.