Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Este xoves entréganse todos os galardóns

O Plan Estratéxico da Sociedade da Información gaña o premio especial Eganet

O PEGSI recibe a distinción "polo seu carácter integral e estratéxico para a introdución plena do país dentro da sociedade da información".

Redacción - 18:52 28/03/2007
Tags: Eganet PEGSI
Os Premios Eganet chegan este ano a súa cuarta edición

Os Premios Eganet chegan este ano a súa cuarta edición

O Plan Estratéxico da Sociedade da Información (PEGSI), da Consellería de Innovación e Industria, é o gañador do Premio Especial Eganet 2007. O galardón seralle entregado este xoves ao titular do departamento, Fernando Blanco, no transcurso dun acto que terá lugar no Auditorio de Galicia.

O PEGSI acadou o premio "polo seu carácter integral e estratéxico para introducir plenamente o país dentro da sociedade da información". O plan busca fomentar o desenvolvemento dunha economía do coñecemento, até acadar a converxencia de Galiza cos obxectivos fixados pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa.

Oito diagnósticos sectoriais

Para esta fin, o PEGSI parte dunha análise estruturada en oito diagnósticos sectoriais, constituída polos informes presentados en novembro de 2006. A partir desta base, dá comezo un proceso de debate que culmina coa remisión do plan ao Consello da Xunta.

Neste proceso de discusión participan expertos da sociedade da información de todos os ámbitos. O obxectivo final é que o PEGSI, unha vez aprobado, defina unha serie de actuacións concretas que a Administración porá en marcha para o desenvolvemento da sociedade da información en Galiza.

Foro de expertos profesionais

Fernando Blanco será o encargado de recoller o Premio Especial Eganet 2007 , no acto que terá lugar este xoves ás 18:30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. No evento tamén se darán a coñecer o resto de gañadores das nove categorías desta IV edición, para as que o xurado escolleu 27 finalistas de entre as 163 candidaturas presentadas.

A gala será un foro no que se darán cita representantes das administracións, universidades, empresas e institucións implicadas no desenvolvemento da sociedade da información, así como os principais expertos galegos neste eido.

Sector público e privado

Entre outras personalidades, asistirán, ademais do conselleiro de Innovación, o secretario xeral de Cultura, Carlos Amoedo; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias; a directora xeral da Sociedade da Información, Elena Veiguela; e o xerente do Consorcio Audiovisual, Ignacio Varela.

Entre os representantes de empresas e institucións, destaca a presencia do presidente de Ineo, Xurxo Cebreiros; do director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Xosé María Pousada; do director da Área TIC da Universidade de Santiago de Compostela, Xavier Franco; e do xerente do Observatorio TIC, Xosé Luís Villasante.


Ligazóns

2/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: