Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O programa de Microsoft perde pulo en Europa

Finlandia e Eslovenia xa son máis de Firefox que de Explorer

Un de cada catro europeos utiliza o navegador de código aberto, en detrimento do Internet Explorer de Microsoft.

Redacción - 10:54 26/03/2007

O navegador de internet Mozilla Firefox continúa a gañar adeptos en todo o mundo. Segundo un estudio presentado pola consultora francesa Xiti, esta alternativa ao Explorer xa acadou un 25 por cento de cota de mercado en Europa, cinco puntos máis que o ano pasado.

Destacan os casos de Finlandia e Eslovenia, primeiros países onde o número de usuarios do Firefox supera aos do programa de Microsoft. No caso finlandés, o uso do navegador de Mozilla xa chega até o 41% dos internautas mentres que Eslovenia, 44%, reflicte con catro puntos un dos índices de crecemento máis alto do último ano.

Neste grupo de países europeos nos que o Explorer está a perder pulo a un ritmo acelerado atópanse Alemaña, Polonia, a República Checa, Eslovaquia e Bosnia, con preto dun 35% de incidencia. No outro extremo, sitúanse Portugal, Italia e o España, con arredor dun 16%.

A tendencia mundial sinala a Oceanía como o continente con maior implantación do Firefox cun 24,8% de usuarios, sete décimas máis que Europa. Estados Unidos e Canadá seguen este ranquin cun 15,1%. En Asia, América Latina e África a porcentaxe apenas reflicte cambios respecto aos datos do ano pasado, cunha media do 11,9%.

O Firefox foi creado pola Mozilla Foundation e no seu desenvolvemento traballan centos de voluntarios grazas ao seu caracter libre e de código aberto.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: