Unha avioneta esnáfrase preto dunha aldea en Salvador de Baía, con dous millóns de euros no seu interior que están "desaparecidos".
O aparato estrelouse en São Sebastião do Passé
A caída dun pequeno avión no Estado da Baía, Brasil, na corta feira, provocoulle a morte aos seus catro ocupantes. No interior do aparato, adicado ao transporte de caudais, había dous millóns de euros que, pouco despois do accidente e antes de que a policía chegase ao lugar do sinistro, xa desapareceran.
Os cartos ían ser depositados nos bancos de Salvador da Baía. Por razóns que aínda se descoñecen, a avioneta estrelouse en São Sebastião do Passé, unha localidade rural a cincuenta quilómetros da capital. De acordo coa Policía Militar, os moradores dos arredores "furtaron" o diñeiro. Calculan que unhas 120 persoas participaran no asalto.
Regalo do ceo
Nesta deprimida e necesitada poboación, campamento dos Sem Terra, a chuvia de millóns viviuse como un regalo do ceo. Na casa de catro labregos atopáronse 70.000 euros, que foron apresados, e outro máis devolveu unha saca con máis de 40.000 euros.
A procura continúa, na tentativa de recuperar o resto dos cartos, así como tamén as armas e municións dos vixiantes do aeroplano, mais a policía ten poucas esperanzas de recuperar íntegra a carga do avión.