Un enxeñeiro do estado de Niuchese, non lles ten que pagar nin un céntimo ás eléctricas grazas ao uso que fai das enerxías renovábeis.
Placa solar
Tampouco xera ningún tipo de gas contaminante: só osíxeno. E todo iso, sen ter que renunciar ás comodidades do século XXI, como unha bañeira de hidromasaxe ou un televisor con pantalla de plasma. Mesmo o seu automóbil funciona con hidróxeno que el mesmo produce.
Nos días de moito sol, os paneis solares da súa vivenda chegan a xerar máis enerxía da necesaria. Ese exceso pasa a un electrolizador que descompón a auga almacenada nun depósito en osíxeno e hidróxeno. O osíxeno libérase á atmosfera e o hidróxeno gárdase en dez tanques. Cando non hai suficiente enerxía solar, o hidróxeno envíase a unha célula de combustíbel para xerar electricidade. Ese mesmo gas emprégase tamén como combustíbel para o seu automóbil, chamado “A Xénese de Niuchese” e deseñado polo propio Strizki.
Mike vive nunha zona rural coa súa muller, e decidiu hai catro anos ser o primeiro en ter unha casa que só empregase fontes de enerxía limpas: unha combinación de luz solar e hidróxeno. O problema é que este sistema non vai estar a disposición do gran público polo momento, porque é demasiado caro.