Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A festa do trevo

Galiza tamén celebra o San Patricio en Nova York

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar de Santiago participa na festividade irlandesa en Nova Jersey.

Redacción - 12:50 17/03/2007
Desfile polo San Patricio na Quinta Avenida

Desfile polo San Patricio na Quinta Avenida

Os irlandeses espallados por todo o mundo celebran este 17 de marzo a festividade do seu patrón San Patricio. Fóra de Irlanda, é sen dúbida en Nova York onde os festexos son máis multitudinarios. A cidade dos rañaceos organiza todos os anos por esta data un gran desfile por unha Quinta Avenida que se tingue de verde para a ocasión.

Precisamente na cidade estadounidense atópase unha representación da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar de Santiago. Durante esta semana a agrupación está a realizar varias actuacións nos centros galegos de Nova York así como diversas actividades relacionadas co folclore da nosa terra.

Os obradoiros de bailes, gaita e pandeiretas acompañaran o cociñeiro Rafael Triñanes. O chef participará xunto coa agrupación na parada de San Patricio en Nova Jersey, localidade veciña da gran mazá e un nucleos de residentes galegos máis importanes dos Estados Unidos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: