Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Book Crossing en Culleredo

Máis dun cento de libros libres

En varios locais de Culleredo, até o mes de xuño, haberá un libro agardando ser "rescatado" por un novo lector ou lectora. Ler, rexistrar e "liberar" serán as claves para compartir o pracer da lectura.

Redacción - 13:04 16/03/2007
Un libro agarda ser rescatado nunha parada de autobús

Un libro agarda ser rescatado nunha parada de autobús

A Concellaría de Xuventude de Culleredo iniciou un novo programa de intercambio de libros: O “Bookcrossing” ou “Libro Libre”. Os exemplares sairán dos andeis e das bibliotecas para conquistar novos espazos de lecer. Como? É moi sinxelo: abonda con seguir as premisas coñecidas como as tres “R”: Read (ler un libro), Register (rexistralo na páxina web) e Release (liberalo). 129 libros serán intercambiados do seguinte xeito: as persoas que os lean “libéranos” ou déixanos no lugar que lles cadre (a climatoloxía galega non facilita o book crossing ao aire libre, polo que en Culleredo solicitouse a colaboración dunha serie de locais). Cada libro terá unha ficha de rexistro na que se apuntarán a data e o lugar nos que o libro foi “rescatado”.

A idea é que os libros circulen libremente e sexa finalmente devoltos. No espazo cedido polo local para a exposición dos libros, haberá unha folla de rexistro adicional para que, aquelas persoas que o desexen, anoten a súa valoración persoal e a súa dirección de correo electrónico. Tamén unha mesa informativa con carteis, folletos, libros e marcapáxinas. O acondicionamento e mantemento do espazo destinado á exposición dos libros será responsabilidade do CIPAX (Casa da Xuventude).


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: