Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
24 e 25 de marzo en Uruguai e Arxentina

Un festival difundirá a música galega en Sudamérica

A Secretaría Xeral de Emigración leva “Música galega no Río da Prata” até Montevideo e Bos Aires. Haberá representación de grupos galegos, uruguaios e arxentinos.

Redacción - 18:47 15/03/2007
Susana Seivane

Susana Seivane

O festival contará coa participación da gaiteira galega Susana Seivane e de grupos formados por galegos residentes en Sudamérica, como Os Trapalleiros e Montegal, de Montevideo, e Conxunto Folk-Celta do Centro Galicia, Os Furafoles e Sete Netos, de Bos Aires.

Co evento téntase cumprir co dereito das comunidades galegas no impulso das actividades culturais para o fomento da lingua, da cultura e das tradicións. Así mesmo, Emigración pretende dar a coñecer as manifestacións artísticas de Galiza nos países de acollemento dos nosos emigrantes.

Os concertos terán entrada de balde. Os convites poderanse recoller nos centros galegos dos dous países e nas oficinas de información e asesoramento do Centro Gallego de Bos Aires e da Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.
O primeiro acto será o día 24 ás oito e media da tarde no Polideportivo de Carrasco, en Montevideo. En Bos Aires desenvolverase o 25 de marzo ás seta da tarde no Campo dos Deportes Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: