A organización galega para a cooperación sinala que é unha oportunidade para os países máis desfavorecidos.
A organización Amarante aproveita o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para recordarlle á cidadanía galega a importancia de mercar produtos do comercio xusto. “Este tipo de comercio contribúe a dar oportunidades de desenvolvemento e de futuro ás comunidades máis desfavorecidas do Sur, mellorando as condicións de vida de miles de homes, mulleres e nenos”, sinalan dende a asociación cooperante.
A presenza do comercio xusto é cada vez maior en Galiza. As tendas especializadas ofrecen artesanía, cosméticos ou téxtil. Este sistema garante que os produtores cobren un salario xusto polo seu traballo e que se respeten os dereitos dos traballadores na cadea de produción. Outro dos requisitos que cumpren os produtos do comercio xusto é a sensibilidade co medio ambiente.