Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Preme o botón"

Eurovisión admite o polémico tema proposto por Israel

A composición do grupo israelí Teapacks, con advertencia sobre o programa nuclear iraní foi finalmente autorizada a competir no concurso musical.

Redacción - 11:00 15/03/2007
Os Teapacks mesturan linguas e estilos

Os Teapacks mesturan linguas e estilos

A letra da composición musical -en inglés, francés e hebreo-, malia non facer referencia explícita a ningún país ou goberno, fai diversas referencias ao perigo que supón a ameaza nuclear de Irán e os ataques dos militantes radicais palestinos.

Nunha das estrofas de "Push the Buttom", os Teapacks din: O mundo está cheo de terror / Se alguén comete un erro / 'El' vainos facer estourar para que un vello reinado chegue / Existen algúns dirixentes tolos que o agochan e quérennos facer parvos / Coa maligna "tecnoloxía-de boa vontade"; para facermos sufrir.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: