Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aposta pola potencialidade da rede

Cen candidatos do BNG terán cadanseu blog de cara os comicios locais

A iniciativa pretende achegar os representantes políticos á cidadanía durante os meses previos ás eleccións municipais do 27 de maio.

Redacción - 19:18 14/03/2007
Blog de Henrique Tello, candidato do BNG á alcaldía da Coruña

Blog de Henrique Tello, candidato do BNG á alcaldía da Coruña

Entre o cento de candidatos nacionalistas que contarán con blog están os das sete principais cidades, que terán como lema “Aquí está o BNG!” e “Dende o Concello tamén facemos país”. O Bloque quere apostar pola rede e aproveitar a súa interactividade e inmediatez no contacto coa poboación.

A secretaria de Comunicación do Bloque, María Xosé Bravo, explicou que o traballo que supón actualizar constantemente as bitácoras impediralles a algúns dos candidatos contar con este servizo. Os que si dispoñan de blogs ofrecerán cadansúa axenda, propostas programáticas e mesmo arquivos sonoros e estarán abertos ás achegas dos cidadáns.

Bravo salientou o aumento de visitas da web do BNG, que superou no último mes as 25.000 visitas, e afirmou que contribúen a fuxir dos localismos, a ofrecer unha óptica galega dende os concellos e a servir de ferramenta de colaboración co Goberno.


Ligazóns

3,73/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: