O complexo Ence - Elnosa
O nacionalista apelou á Consellería de Medio ambiente pola súa competencia á hora de clausurar a actividade da fábrica de cloro o próximo 30 de outubro. Mais despois de entrevistarse coa dirección da fábrica, Fernández Lores soubo que existía aquiescencia tanto da consellaría como do ministerio para que o complexo industrial continúea coa súa actividade en Lourizán-Pontevedra até 2011. O alcalde lembrou que para que isto poida ser así debe existir un informe favorábel do Concello que lle conceda á fábrica a Autorización Ambiental Integrada, e dito informe non foi concedido polo incumprimento da lexislación por parte de Elnosa.
Pola súa banda, parte do persoal da fábrica electroquímica de Elnosa puxo en marcha unha campaña para persuadir á poboación sobre os beneficios do cloro: 'Elnosa. A auga que bebes', é unha iniciativa financiada con achegas dos traballadores que consiste na pegada de carteis e instalación de pancartas con mensaxes que destacan a presenza do cloro e os seus derivados nos nosos fogares. María Jesús del Río, secretaria do comité de empresa en representación de CCOO, salienta que o clor é imprescindíbel para a vida diaria: no 85% dos produtos farmacéuticos, ou na potabilización da auga. O complexo fabril de Elnosa produce cloro, sosas caústicas, hipocloritos, sódico, ácido clorhídrico, osíxeno e hidróxeno. O cloro é un gas de alta reactividade, tóxico por inhalación e moi tóxico para os organismos acuáticos.