O proxecto itinerante en prol da promoción do deporte de base instálase esta fin de semana en Monforte.
A explanada fronte a Padres Escolapios en Monforte é o lugar elixido para situar a Carpa Ruando esta fin de semana. Rapaces e rapazas da cidade luguesa terán, até o domingo 11 de marzo, a oportunidade de gozar de diferentes modalidades deportivas.
Así, nos máis de 600 metros cadrados que ocupa a carpa, disporanse pistas de básquet, fútbol, bádminton ou balonmán. Tamén se instalará un espazo para outras actividades, como a práctica de xogos tradicionais, espectáculos de globoflexia, pallasos ou zancudos.
"Ruando, deporte para todos" é unha iniciativa da Dirección Xeral para o Deporte. Segundo anunciou na presentación do proxecto o director xeral deste departamento, Santiago Domínguez Olveira, a proxecto ten como obxectivo "visitar concellos e municipios de toda Galiza onde os nenos e nenas poidan ter máis problemas para acceder á práctica de determinadas modalidades deportivas".