Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REXEITAN COLABORAR COA CORTE PENAL INTERNACIONAL

Sudán non lle entregará aos tribunais os presuntos responsábeis de crimes en Darfur

"Agardamos que o traballo da Corte Penal Internacional asegure a fin da impunidade criminal en Darfur", afirmou esta semana Luis Moreno Ocampo, fiscal xeral deste tribunal. Con todo, un día antes de que se anuncien as acusacións e probas das que se fixo escolma nos últimos meses, o goberno de Sudán anunciou por boca do ministro de Xustiza que non lle entregará ningún dos acusados ao tribunal internacional.

- 07:30 27/02/2007
Tags:

A oficina do fiscal avanzara hai meses que os investigadores traballaban xa con ducias de probas concretas sobre as torturas e asasinatos cometidos na zona de Darfur. Diferentes avaliacións internacionais calculan que na rexión morreron nestes crimes máis de 200 mil persoas, alén dos máis de dous millóns de veciños desprazados dos seus fogares.

Hai expectación por ver se as probas presentadas incluso relacionan os crimes directamente con algúns altos cargos do executivo sudanés, desde onde reducen a avaliación de mortes a menos de dez mil. A fiscalía anunciou que presentará evidencias de crimes contra a humanidade que relacionan a individuos concretos e "identificados", o que faciltiaría que os xuíces do tribunal internacional redacten citacións ou ordes de arresto. Respecto a esa posibilidade, desde o goberno sudanés insisten en que o tribunal "non ten competencia" e aseguran que non van colaborar con el.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: