Na procura dun dominio propio para a cultura galega a plataforma PuntoGal segue a recoller apoios e sinaturas. Esta semana foi o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o que se reuniu cos responsábeis da iniciativa, que lle transmitiron as medidas que se están a tomar con vistas á proposta da candidatura galega perante o ICANN, o organismo mundial que xestiona a entrega de dominios e que se reunirá a finais de marzo en Lisboa.
Entre as medidas que PuntoGal porá en marcha atópase a campaña para acadar apoios nos centros galegos e nos reitorados das universidades.O dirixente subliñou a importancia que pode ter para Galiza e para a promoción da súa cultura e identidade no mundo o feito de acadar un dominio propio.