Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DE SUMÁRENSE OUTROS PAÍSES, ESTARÍAN DISPOSTOS A CHEGAR AO 30% DE AQUÍ AO 2020

A UE recortará as emisións de gases até o 20% respecto dos niveis de 1990

Os ministros de Medio Ambiente dos países membros da Unión Europea chegaron a un principio de acordo para recortaren as emisións de gases de efecto invernadoiro. En concreto, preténdese que no ano 2020 chegue á atmosfera un 20% menos da cantidade que o facía en 1990.

- 15:49 22/02/2007
Tags:

Os responsábeis gobernamentais afirmaron que no caso de secundaren outros países desenvolvidos a súa proposta, reducirían os niveis de emanación até nun 30%.

A medida, exposta pola Comisión Europea o pasado mes de xaneiro e aprobada esta semana, é considerada clave na detención do cambio climático. Á UE quédalle aínda por decidir como realizará os recortes, tendo en conta a oposición dalgúns países membros á proposta. Entre estes están Hungría e Polonia, socios dende o 2004, e Finlandia. No entanto, outros estados como o alemán estarían dispostos a aumentar a porcentaxe de redución até o 40%.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: