O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados de Madrid, Francisco Rodríguez, intervirá este mércores para lle preguntar ao ministro de Economía, Pedro Solbes, polo futuro previsto para Navantia-Fene. Rodríguez interesarase pola actual situación do estaleiro e preguntaralle a Solbes que propostas se manexan de cara a unha volta deste á construción civil.