Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PROPOSTAS PARA PASAR AS FESTAS DENDE A REDE

O blogomillo tamén celebra o Entroido

Nesta época do ano chea de festa e de diversión, os blogueiros tamén gustan de celebrar o Entroido. As bitácoras que publican na rede moitos paisanos nosos son unha fiestra aberta que nos permite coñecer cales son as tendencias deste ano. "No antroido hai que xogar coa ironía, hai que transgredir, hai que facer escarnio, facer mofa, travestirse", din no Inseminario. E non lles falta razón.

- 13:42 19/02/2007
Tags:

Moitos blogueiros son reticentes a amosarnos de que se disfrazarán. Unha das poucas persoas que nolo contan é Besbellinha, en Beliscos Pequenos, quen asegura que este luns de Entroido irá caracterizada da Terremoto de Alcorcón. Ben diferente é a rompedora proposta de Zimmer 103, que protagoniza unha peculiar folga á xaponesa que non recomendamos para levar pola rúa, con este frío. Pola súa parte, Sugar Kane, dende Vidas Verticais, conta que algún día argallará un disfrace de Robert Smith, cantante de The Cure, co que, segundo din, garda gran semellanza. Pero acabará con algún apaño cutre de última hora, coma sempre.

No mesmo blog temos unha proposta gastronómica moi desta época: as saborosas orellas, aínda que o Kan-Meijome opta polo cocido e por unha viaxe ao triángulo máxico ourensán. Ourizos e chícaros e Ronsel amósannos o lado escolar destas celebracións, e Pía de Tolomei anúncianos unha espectacular festa o luns na Coruña.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: