Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR AMOSÁRANSE OFENDIDOS POLO CONTIDO DAS BITÁCORAS

Admiten a trámite as denuncias contra dous blogueiros do Salnés

O xulgado número dous de Cambados admitiu a trámite as denuncias presentadas por concelleiros do Partido Popular contra blogs da localidade do Grove. Esta decisión pode dar lugar a unha investigación que desvele a identidade das persoas que se atopan detrás das bitácoras camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com. Para iso, o xulgado terase que poñer en contacto coa empresa Google, propietaria do servidor no que se aloxan os blogs denunciados.

- 18:24 14/02/2007
Tags:

Os contidos das bitácoras molestaran os denunciantes, tres concelleiros de Cambados, o sarxento da Policía Local da vila e unha edil do Grove. No caso da páxina do Señor X, Cousas de Cambados, os políticos amosáronse ofendidos polas fotomontaxes nas que aparecían as súas caras. O xulgado deberá analizalas para decidir se o autor incorreu nalgún tipo de falta ou delito contra a honra e a intimidade dos concelleiros. Malia que no blog saen retratados políticos de todos os partidos, só os do PP se amosaron ofendidos.

O proceso desencadeou unha reacción de apoio aos denunciados por parte doutras bitácoras de Galiza e de España, mesmo dalgunhas próximas ao Partido Popular, a prol da liberdade de expresión. As asociacións cambadesas tamén están a demostrar a súa simpatía co Señor X até o punto de que algunha comparsa pensa en empregalo como disfrace este Entroido. Ademais, a asociación Unha grande chea sacou esta semana a revista A calsada, na que se publican algunhas das fotomontaxes que provocaron a polémica denuncia.

Na entrevista publicada a pasada fin de semana en Vieiros, o Señor X xa aseguraba que o Partido Popular pretendía saber a todo custo quen estaba detrás do seu pseudónimo. Agora parece que o van conseguir.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: