Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PERMANECERÁ EN FOLGA DE FAME ATÉ ACADAR A LIBERDADE, SINALA

O avogado de De Juana di que non admitirá o terceiro grao penitenciario

O avogado de Iñaki De Juana Chaos, Álvaro Reizabal, asegurou que o seu defendido non vai abandonar a folga de fame mentres non sexa libre, xa que, segundo sinalou, "os membros da ETA non aceptan estas clasificacións penitenciarias". Nunha entrevista concedida este martes a Radio Euskadi, o letrado matizou que aínda non falara con De Juana despois de que o Tribunal Supremo decretase a redución da súa pena a tres anos de prisión.

- 18:43 13/02/2007
Tags:

Cómpre lembrar que a petición inicial era de 96 anos, despois de que a Audiencia Nacional lle impuxera unha pena de 12 anos e sete meses de prisión. Reizabal confirmou nos micrófonos da radio pública vasca que recorrerán a sentencia no Constitucional, xa que non admiten que De Juana cometese delitos de ameazas ou de enaltecemento do terrorismo en ámbolos dous artigos.

Por outra parte, mais de 200 persoas secundaron o Manifesto galego en solidariedade con Iñaki de Juana. A declaración, promovida por "un grupo de galegos encadrados no soberanismo de esquerdas e comprometidos cos dereitos democráticos", considera que "non hai solución posíbel para o conflito político entre Euskal Herria e o Estado Español de non haber unha vontade manifesta de ensaiar a vía do diálogo e o respecto polos dereitos democráticos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: