Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á MARXE DA LEXISLACIÓN INTERNACIONAL

O goberno Aznar enviou policías a interrogar presos en Guantánamo

Sen autorización de ningún xuíz e coa colaboración do goberno Bush, o executivo do PP enviou entre xullo de 2002 e xaneiro de 2003 a varios axentes de policía para participaren en interrogatorios a dúas ducias de presos en Guantánamo. Segundo a información revelada este martes por El País, os funcionarios españois foron acompañados por axentes da CIA até esta base estadounidense mantida á marxe da lexislación internacional.

- 07:36 13/02/2007
Tags:

En Guantánamo, os policías interrogaron arredor de vinte presos, a maioría marroquís, preguntándolles entre outros por algún dos que máis tarde se lle atribuiría a participación nos ataques do 11M en Madrid, xa vixiados daquela.

O xornal madrileño El País publica tamén que o propio Tribunal Supremo estabeleceu que estes interrogatorios se fixeron "sen previa información de dereitos, sen asistencia letrada e sen autorización nin mandato de autoridade xudicial competente". Advirte ao respecto que Guantánamo é "un verdadeiro limbo na comunidade xurídica definida por unha multitude de tratados e convencións".

Poden ampliar na información de El País.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: