A rede da empresa Vodafone fornecerá a infraestrutura para a nova oferta de telefonía que proxecta a operadora galega R. Segundo as previsións presentadas este luns, os usuarios de teléfono móbil poderán contratar os servizos de R no último trimestre de 2007, con ofertas pensadas inicialmente para os clientes que a empresa xa ten no ámbito de internet, teléfono fixo e televisión.