Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNO LEVARÁ A LEI QUE O DESPENALIZA AO PARLAMENTO

O primeiro ministro portugués afirma que o aborto "deixará de ser un crime"

O "si" á autorización do aborto acumulou este domingo en Portugal un 59,2% de votos, fronte a un 40,8% para o "non". Aínda así, a abstención chegou ao 56,4%, o que facía a consulta non vinculante para o goberno. Con todo, o goberno socialista encabezado por José Sócrates xa avanzou que o proxecto lexislativo será "discutido e aprobado polo Parlamento", onde a súa formación conta con maioría absoluta.

- 06:38 12/02/2007
Tags:

"Está de acordo coa despenalización da interrupción voluntaria da gravidez, se a mesma é realizada por opción da muller nas primeiras dez semanas e en estabelecemento de saúde legalmente autorizado?". A esa pregunta responderon afirmativamente a maioría de portugueses este domingo, virando o resultado saído das urnas hai nove anos, cando o "non" fora maioritario.

"Interésanos loitar contra o aborto clandestino", indicou o primeiro ministro na súa primeira intervención despois de coñecer os resultados, "temos que sacar unha lei que respecte o resultado do referendo".

Poden ampliar en Público e Jornal De Noticias.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: