En Zamora e aos 87 anos de idade morreu este venres Alexandre de Fisterra, creador do futbolín, un dos inventos galegos máis universais. Alexandre Campos Ramírez, faleceu en compaña da súa esposa, María Herrero logo de ser operado na Coruña dunha úlcera de duodeno. Ademais de inventor foi editor, escritor e confeso republicano. Tamén era coñecido por ser o testamenteiro do poeta León Felipe. As súas cinzas xa foron espalladas polo río Douro e máis en Fisterra, a súa vila natal.