A asociación ecoloxista Adega acaba de presentar as alegacións ao documento marco que establece as condicións para o desenvolvemento da acuicultura en terra, no proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica. As suxestións pretenden achegar criterios de sustentabilidade e xustiza social a unha actividade que "provocou fortes impactos ambientais e grande controversia". Segundo Adega, o actual goberno ten a oportunidade de racionalizar e regulamentar un sector que até o de agora privatizou os beneficios e socializou os impactos, cunha planificación baseada no criterio de "todo vale". Continuar en Canal Verde.