Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS ELECCIÓNS XERAIS DO PRÓXIMO SETEMBRO

Rigoberta Menchú cavila ser candidata á presidencia de Guatemala

Cunha porcentaxe de poboación indíxena en Guatemala por riba do 60%, a premio Nobel da Paz Rigoberta Menchú aspira a seguir os pasos de Evo Morales en Bolivia e poder levar a voz desta comunidade maioritaria ao executivo estatal. Inicialmente, Menchú falou da creación dun novo partido, malia que varias das formacións existentes lle ofreceron unirse aos seus proxectos.

- 07:35 09/02/2007
Tags:

"En Guatemala existe un destacado liderado nacional dos indíxenas e imos crear un partido político para buscar o goberno", anunciou días atrás Rigoberta Menchú, "Eu serei unha das persoas clave na formación dese instrumento que vai nacer", recoñeceu.

A súa perspectiva inicial sería deixar a loita polo goberno até as eleccións lexislativas de 2012. Con todo, o paso á política podería producirse xa este mesmo ano. Menchú recoñeceu que o seu proxeto político podería ter espazo nalgún dos partidos que nos últimos tempos se interesaron por acollela.

Máis información en Prensa Libre e Rebelión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: