Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS EXPERTOS REUNIDOS EN PARÍS ADVIRTEN DO QUECEMENTO GLOBAL NO PLANETA

As emisións de dióxido de carbono provocará un cambio climático acelerado neste século

Os científicos do Observatorio Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, IPCC, reunidos en París emitiron finalmente as súas conclusións. Segundo o informe feito público este venres, a emisión humana de dióxido de carbono, CO2, está a provocar un "preocupante" aumento da temperatura do Planeta, que nos vindeiros cen anos podería ser de entre 1,8 e 4 graos. Ademais, de continuar a tendencia, as secas e as olas de calor aumentarán e o nivel do mar elevarase entre 28 e 43 centímetros, debido a desaparición de boa parte do xeo polar.

- 17:12 02/02/2007
Tags:

O organismo, conclúe no seu informe que o quecemento global débese, cun 90% de certeza, ás emisións humanas de dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro. Segundo as súas estimacións, todos estes cambios poderían provocar que até douscentos millóns de "refuxiados climáticos" fuxisen das rexións máis castigadas da Terra.

O informe advirte tamén de que se as concentracións de CO2 chegasen a alcanzar o dobre do nivel da época pre-industrial, o quecemento global poderíase incrementar entre 3,5ºC e 8ºC. Mais, chegados a este punto, habería un 10% de posibilidades de que fose moito maior, "unha situación completamente insostíbel" para a vida no Planeta, sinalaron os científicos.

  • Anteriores: A Terra podería aumentar a súa temperatura en 3ºC neste século


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: