A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recibiu este mércores en Compostela os membros da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal, que promove a existencia dun dominio en Internet para a lingua e a cultura de Galiza. Marisol López manifestoulles o "pleno apoio" do seu departamento aos obxectivos que persegue a asociación. "A existencia deste dominio servirá para darlle maior visibilidade na Internet á existencia da nosa lingua e da nosa cultura; por iso, alentamos esta iniciativa promovida por unha importante representación do ámbito cultural e social do noso país", afirmou.