Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS INTERNAUTAS XA PODEN ADHERIRSE INDIVIDUALMENTE Á CAMPAÑA

Mil internautas asinaron xa en apoio do PuntoGal

En apenas catro días desde que se abriu o espazo na web da Asociación PuntoGal, os apoios non paran de chegar. No momento de escribirmos estas liñas acaba de superarse a cifra dos 1000 internautas que asinaron en favor dun dominio para a lingua e cultura galega na rede e a suma non para de medrar. Os promotores son optimistas diante do interese en loitar pola reivindicación da identidade da nosa cultura na internet. O Puntocat levara á ICANN o aval de 50 mil sinaturas. Agora nós iniciamos o camiño. Asina xa para que o desafío se resolva con éxito!

  • A Asociación PuntoGal presentouse na Real Academia
  • A polo Galiza.gal: comeza a conquista do dominio

- 08:11 26/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)