Nace Ontherocks, un "microespazo musical sobre bandas democráticas, populares e solistas", como se define a si mesmo. A xeito de pequeno programa de radio descargábel da rede, Ontherocks está dirixido polo xornalista carballés Quico Balay e presentado por unha nova promesa da internet galega: Pepa Arán. A parte musical póñena The Homens e, o deseño, Manuel Rod. No primeiro programa, o convidado é Julián Hernández, de Transportes Hernández y Sanjurjo, que presenta o seu segundo disco, Vista Alegre. A primeira edición desta revolucionaria micro-revista sonora sobre música xa se pode descargar aquí.