Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO UNHA SONDAXE DO 'DAILY MAIL'

Os escoceses amósanse a favor de se separaren do Reino Unido

Máis da metade dos escoceses estarían dispostos a se independizaren do Reino Unido, segundo unha sondaxe que publicou o xornal The Daily Mail. O mesmo estudo indica que o 48% dos ingleses son tamén favorábeis á secesión. Precisamente, o martes 16 cúmprense 300 anos da sinatura da Acta da Unión, pola que Escocia se sumaba ao Estado Británico. Dous terzos dos ingleses desexan que rematen as cuantiosas subvencións que lles pagan aos escoceses, e o 55% pensan que é inxusto que os deputados do norte poidan decidir en temas do resto do territorio mentres se reservan competencias exclusivas. Ademais, preto da metade dubidan de que a unión dure máis de 25 anos.

- 09:54 16/01/2007
Tags:

Por outra banda, tanto ingleses coma escoceses están a favor de que Inglaterra conte co seu propio parlamento autónomo e ministro principal. A hostilidade entre as dúas nacións, segundo esta análise, aumentou dende que Tony Blair aprobara a autonomía escocesa no ano 1998, malia que o seu obxectivo era xusto o contrario.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: