Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

O Karpin Galicia celebra este sábado unha marcha cicloturista na Costa da Morte

Cinco días despois do comezo da pretempada, o Karpin Galicia terá o seu primeiro contacto cos afeccionados galegos ao ciclismo. Será este sábado a partir das 10:30 horas da mañá cando os integrantes do primeiro equipo profesional galego compartan unha xornada de adestramento con ciclistas chegados desde as catro provincias galegas. A marcha comezará diante do concello de Cee para dirixirse logo pola estrada da costa até Muros. Alí tomarase dirección á Coruña, polo alto de Paxareiras, para volver á estrada da costa á altura do Viso e regresar a Cee.

- 10:37 12/01/2007
Tags:

O itinerario, de 84 quilómetros, ten unha alternativa máis curta para os que o comezo da tempada os colla menos rodados. O percorrido alternativo, de 56 quilómetros, evita o paso por Muros e terá un punto de encontro co principal no alto de Paxareiras.

Segundo Álvaro Pino, director deportivo do Karpin Galicia, trátase dunha xornada de "descanso activo" para os seus corredores, aínda que adiantou que coñece a intención dalgúns afeccionados de "arranxarnos unha emboscada". Aínda así, lembrou que se trata dunha marcha cicloturista e que polo tanto non ten carácter competitivo.

Inscricións
Poderán participar na marcha persoas maiores de 16 anos con licenza federativa actualizada ou que saquen licenza dun día, que poderá ser tramitada pola organización até media hora antes do comezo da actividade. Ao remate da mesma, os cicloturistas terán a opción de participar nunha comida co equipo. Tanto para asistir á marcha como para participar na comida é necesario realizar la inscrición. As cotas, ata o día 11 son: 6 euros para a participación na marcha; 18 marcha e comida para os que teñan licenza e 26,4 marcha, xantar e licenza dun día.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: