Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENFRONTAMENTO POLAS LISTAS DE ESPERA NOS HOSPITAIS PÚBLICOS

O PPdeG critica que a Xunta converteu a sanidade galega "na peor do Estado"

"Xa non lles vale culpar o PPdeG", desafían desde este partido o actual executivo, lembrando as acusacións de PSdeG e BNG pola xestión realizada polos populares no ámbito sanitario. Segundo opinan agora desde o PPdeG "a sanidade galega está peor que hai un ano, cando o bipartito levaba seis meses gobernando". Desde a Xunta, o presidente Touriño respondía este mércores que "non existe crise" sanitaria e que as urxencias se están atendendo correctamente.

- 10:15 11/01/2007
Tags:

O PPdeG fíxose eco ademais de denuncias sindicais e de colectivos segundo as cales a sanidade deteriorouse singificativamente nos últimos tempos, existindo listas de espera de 120 días, que soben a 250 días en Vigo, e 35 mil persoas agardando por unha operación en hospitais do Sergas.

Pola súa parte, o presidente da Xunta retrucou que os colapsos recentes se deben ao aumento da demanda de servizos que se produce por estas datas do inverno e comentaba ao respecto do caso de Vigo que existe un problema de infraestrutura que xa está en camiño de solucionarse, en referencia á construción do novo hospital.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: