Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DECISIÓN DEIXARÁ NA RÚA 200 OPERARIOS GALEGOS

Unha factoría eslovena producirá os históricos xabróns de La Toja

A fábrica de La Toja, emprazada en Culleredo, pechará as súas portas a finais deste ano. A decisión da multinacional alemá Schwarzkopf semella non ter volta atrás. Segundo a dirección, a histórica factoría de xabróns non é viábel economicamente. O peche vai afectar a 148 traballadores que están en nómina da empresa e a outro medio cento que fai traballos externos. A deslocalización tira máis dun século de historia de xabróns galegos. Eslovenia, cunha man de obra máis barata, será o futuro produtor dos xeles galegos. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, van reunirse o vindeiro martes con máximos representantes da empresa para intentar mudar a decisión.

- 11:35 05/01/2007
Tags:

Dende os sindicatos non comparten a visión da empresa. Aseguran que La Toja é rendíbel cunha boa planificación. Non hai que esquencer tampouco que a fábrica ocupa unha ampla extensión de terreos na área metropolitana da Coruña, nunha zona na que ultimamente proliferaron urbanizacións. Algunhas fontes sinalan que o valor mínimo dos terreos acadaría os 18 millóns de euros no mercado inmobiliario.

A empresa de xabróns La Toja comezou a súa andaina na Illa da Toxa en 1899. Ligados ás augas termais, os xeles desta marca acadaron unha gran fama en todo o estado logo dunha forte ampliación nos anos 40.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: