O grupo do Val Miñor Dakidarría está xa a preparar a gravación do seu segundo disco, prevista para xaneiro. A formación de ska-punk acaba de chegar dunha xira de quince días por México, o Azteca Tour VII, festival itinerante no que percorreron as cidades de México D.F., Toluca, Metepec, Hermosillo e Los Mochis, entre outras, na compaña doutros cinco grupos. Os compoñentes de Dakidarría esperan que o seu segundo disco mellore o éxito de vendas do primeiro, Fragasaurus Rex, do que se superaron as 2.000 copias. O novo traballo sairá á venda en España no mes de marzo do 2007 e, dous meses despois, en México.