Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
FINALISTA DO XERAIS 2005, PRESIDE A ONG IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO

María Reimóndez fala na UB sobre a solidariedade entre mulleres non só na ficción

A escritora e activista María Reimóndez está a presentar estes últimos días en diversas localidades de Galicia o seu libro máis recente, O club da calceta. O venres 1 de decembro, na súa intervención na UB fala sobre a necesidade de crear complicidades entre mulleres, o tema que desenvolve na ficción e tamén na realidade, como impulsora de accións solidarias coa ONG, Implicadas/os no Desenvolvemento. Informa Filologies Gallega i Portuguesa.

- 11:18 24/11/2006
Tags:

María Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. Publicou Moda galega (2002), O caderno de bitácora (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003, Usha (2006) e O club da calceta (2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005. Ademais é fundadora e presidenta da ONG Implicadas/os no Desenvolvemento que ten proxectos na India e en Etiopía cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero.

María Reimóndez
Solidariedade entre mulleres. Só ficción?
Venres 1 de decembro de 2006 ás 19:30
Aula 111, Edifici Històric, UB
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 - Barcelona
Org. Filologies Gallega i Portuguesa e Centre Dona i Literatura
Ver cartel.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: