A proposta de Fomento para a Ponte da Pasaxe pretende evitar o caos en Santa Cristina. Agora, os problemas de tráfico serán en Montrove, xa que se impedirá o xiro dende a Pasaxe hacia as praias.
O proxecto previsto polos responsables de Fomento, aínda non confirmado oficialmente, será consensuado coa Guardia Civil de Tráfico, e pretende evitar o caos na glorieta de Santa Cristina.
Coa nova proposta, os usuarios que se dirixen á cidade non terán que desviarse. Poderán desviarse hacia Santa Cristina por un vial construido onde estaba a antigua gasolineira de Perillo.
Os coruñeses que queiran ir hacia Santa Cruz terán que ir ata o cruce coa estrada de Montrove, ascender hacia ela, xirar á esquerda e colle-la estrada vella de Perillo.
O que máis preocupa ós responsables de Oleiros é o enlace da estrada vella de Perillo, o alto de Lucín, porque alí confluirán os vehículos que acceden dende a N-VI cos que veñen de Montrove, Oleiros e Sada.
Roberto Catoira