A Ciberirmandade da Fala continúa coas súas campañas a prol do noso idioma na rede. O colectivo demanda que Renfe corrixa algunhas deficiencias lingüísticas na súa páxina, que está só en galego de maneira parcial, e que utiliza topónimos deturpados (Ujes, Puentecesures, Órdenes, Arosa...). A iniciativa tamén busca que a web do Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) teña o galego tamén como opción. O colectivo convida aos internautas a enviar cartas a estes organismos para que muden a súa actitude cara a nosa lingua.