Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RESULTADO DO FORTE INCREMENTO DOS PREZOS E A PRECARIEDADE LABORAL

A mocidade precisa de máis da metade dos seu soldo para pagar unha vivenda

Se hai un ano a adquisición dun piso xa lle levaba a un mozo máis do 40% do soldo ao cabo do ano, doce meses despois os petos aparecen aínda máis baleiros e ese esforzo económico chega xa á metade do salario total. Indícao o último estudo do observatorio estatal da vivenda, promovido polo Consello da Xuventude avisando que esta é unha das razóns polas que Galiza segue sendo pechacancelas do rexistro de emancipación da mocidade, apenas por diante de Asturias e Cantabria. Á beira dese incremento continuo dos prezos da vivenda, a temporalidade e os baixos salarios que caracterizan o mercado laboral galego contribúe a ese escenario. "Non hai indicio de que isto vaia mudar a curto prazo", láianse os promotores do informe.

- 15:41 07/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)