Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Torres Colomer, candidato do PP á Deputación

O candidato escollido por Romay Beccaría para a Presidencia da Deputación da Coruña será o actual alcalde de Ribeira, Xosé Luis Torres Colomer. A decisión adoptouse horas despois de presentar ó candidato á alcaldía de A Coruña, Antonio Erias.

- 10:33 15/03/1999
Tags:

Xosé Luis Torres Colomer é alcalde de Ribeira, e "barón" do PP na comarca do Barbanza, e desplaza do posto de candidato ó actual presidente da Deputación, Augusto César Lendoiro, que semella non manter unhas relacións moi boas co presidente provincial do seu partido, Xosé Manuel Romay Beccaría. Éste, que é actualmente o Ministro de Sanidade do goberno central, estivo o xoves en A Coruña na presentación de Antonio Erias como candidato a alcalde da cidade, e a súa presencia precipitou a toma da decisión. As malas relacións entre Lendoiro e Romay agudizáronse en xuño do ano pasado cando éste tivo que cede-lo seu sillón no comité electoral da dirección rexional do partido. Debido a esto, Lendoiro perdeu a condición de candidato a alcalde de A Coruña, elección que xa perdeu en dúas ocasións, e agora a de candidato á presidencia da Deputación, cargo que ostenta neste intre. Esta decisión tamén bota abaixo os propósitos dos afíns a Cuiña, que polo visto, tampouco mantén unhas relacións idílicas con Romay. Nembargantes, Cuiña asegurou que a dirección rexional non se inmiscuiría na proposta que fixera o PP coruñés. Xosé Luis Torres Colomer é alcalde de Ribeira, vicepresidente primeiro da Deputación de A Coruña, e mantén moi boas relacións con Romay Beccaría. Roberto Catoira


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: