Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONDENA INTERNACIONAL DO ASASINATO DA XORNALISTA RUSA

A UE pide unha investigación rigorosa da morte de Anna Politkosvskaia

Hai dous anos contabámoslles da hospitalización por envelenamento da xornalista rusa Anna Politovskaia, coñecida polas súas informacións críticas co goberno de Vladimir Putin, nun escenario mediático onde apenas existen voces alternativas ás posicións impostas polo executivo ruso. Politovskaia, de 48 anos, foi asasinada este sábado a pé da súa casa en Moscú, cando traballaba nun novo artigo para o xornal Novaia Gazeta sobre os abusos promovidos por Rusia en Chechenia. A presidencia de quenda da UE, co goberno finlandés á fronte este semestre, emitiu un comunicado de condena do suceso solicitando unha "investigación concienzuda deste crime" e laiándose da perda dunha persoa erixida en "defensora da liberdade de expresión en Rusia". Tamén desde a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, OSCE, condenaron o acontecido, e pedíronlle ao goberno de Putin que se comprometa coa investigación. Desde Reporteiros sen Fronteiras, láianse de que no mesmo día en que inauguraban o Memorial dos Reporteiros, como homenaxe aos mortos na profesión, coñecíase o asasinato de Politovskaia e de dous xornalistas alemáns en Afganistán.

- 15:43 09/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)