Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIAN A CONSTRUCIÓN DUNHA TERCEIRA PAPELEIRA

O tribunal do Mercosur falla contra Arxentina no conflito das celulosas

Os obstáculos ao comercio e o turismo na rexión foran motivo dunha demanda de Uruguai contra Arxentina no Tribunal Arbitral do Mercosur, onde os uruguaios acusaban aos veciños de non facer abondo para evitar os curtes na fronteira e fronte ao que o goberno arxentino aseguraba non ter responsabilidade nas mobilizacións. Malia todo, a resolución non establece sancións. E mentres para este mércores se agardaba o informe dos membros da asemblea cidadá arxentina de Gualeguaychú que foran convidados a Finlandia para expoñer a súa oposición ao proxecto de celulosa da empresa local Botnia, coñecíase que Uruguai acollerá unha terceira papeleira, promovida pola compañía sueco-finlandesa Sotra-Enzo.

  • Anterior: Ence cavila renunciar á papeleira uruguaia

- 06:53 07/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)