Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PRINCIPADO CONVOCA ASPIRANTES

Galegos a Eurovisión: por que non por Andorra?

Se Andorra conta con máis porcentaxe de galegos por habitante que o Estado español, que tería de ilóxico que un galego se presentase a Eurovisión polo Principado? A radiotelevisión andorrá vén de convocar o concurso para escoller o seu representante no festival do ano que vén, e nos requisitos di que os aspirantes "deberán ser maiores de 18 anos, preferentemente de nacionalidade andorrá ou residentes en Andorra". A letra da canción ha ser "preferentemente en catalán", aínda que tampouco impiden que se poida presentar unha canción en galego ou calquera outra lingua. No país andorrán viven máis de cinco mil galegos, o 3.3 por cento da poboación do principado. O ano pasado foi unha asturiana, Jenni Serrano, que acababa de aprender catalán en 6 meses, quen defendeu a Andorra coa canción Sense Tu sen demasiado éxito. Visto o potencial galego en fabricar ghits, por que non nos atrevemos? O prazo para presentarse comeza o 15 de setembro e remata o 15 de decembro.

- 09:55 01/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)