Un laboratorio especializado de París investigará os restos atopados en tres libaneses mortos en ataques do exército israelí. Segundo médicos de Beirut, as características das feridas dos falecidos serían evidencia dun presunto ataque con armas químicas, acontecido nunha zona controlada por Hisbulá bombardeada durante o conflito e de onde apenas chegou trascendeu información do acontecido. O uso do chamado novo napalm ou fósforo branco, está prohibido polas convencións internacionais e xa houbera acusacións polo seu presunto uso en Iraq por parte do exército estadounidense, malia que os militares aseguraran que só se usa en ocasións como sistema de iluminación do campo de batalla. Por outra parte, contámoslles que este luns viaxa ao Líbano o secretario xeral da ONU, Kofi Annan, para tratar entre outros o despregue de rtopas internacionais na zona.