Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O FUTURO DO CONTACTO DE CIDADÁNS E GOBERNOS

Que esperamos da administración electrónica?

O goberno estatal tén en axenda o deseño dunha lei que regulamente o emprego das novas tecnoloxías nas relacións entre os cidadáns e a administración, "garantíndolle os dereitos e a seguridade no uso". Nesa tarefa, agora busca "coñecer a opinión dos cidadáns sobre esta iniciativa e os contidos ou temas que debe tratar" e con ese obxectivo abriuse un foro específico sobre o asunto. As achegas inclúense no portal da chamada Red 060 despregada para axudar á resolución de trámites de administracións locais, autonómicas ou centrais desde un mesmo espazo. Algunhas das propostas xa introducidas polos internautas: a necesidade de usar estándares abertos, a simplificación dos procesos burócraticos, o esforzo pola accesibilidade, a interoperabilidade entre as ferramentas das diferentes administracións...

  • Anterior: Os e-Concellos que veñen: Algo máis ca estar na rede

- 08:34 03/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)