Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INICIATIVA NA CIDADE ESTADOUNIDENSE DE BOSTON

Redes municipais sen fíos xestionadas por colectivos sociais?

"Cremos que iso de sen ánimo de lucro é o mellor camiño para ofrecerlle un servizo de baixo custo a todos os veciños, ao tempo que se fornece dunha plataforma para a innovación como ningunha outra no país". Deste xeito defendía o alcalde de Boston, Thomas Menino, a decisión do seu equipo de goberno de que a ambiciosa rede sen fíos para a conexión a internet con alta velocidade que promoverá a cidade, estea xestionada por unha organización non lucrativa, no canto de cederlle o servizo a unha empresa privada. O concello cavila que precisará un investimento de até 20 millóns de euros, para garantirlle o acceso aos 4.5 millóns de cidadáns. A idea abre interesantes perspectivas sobre o futuro deste tivo de accesos. Poden ampliar en Wi-fi Planet e no debate sobre a propiedade pública das redes en Muniwireless.

  • Anteriores: Wimax, a última menciña tecnolóxica contra a fenda dixital
  • Rifa de xigantes por darlle internet de balde aos veciños de San Francisco

- 11:44 02/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)