Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INGRESADO DE URXENCIA NO HOSPITAL PARA UNHA OPERACIÓN

Fidel Castro cédelle o poder a seu irmán Raúl

Por primeira vez desde o seu acceso ao poder, Fidel Castro delegou provisionalmente as súas funcións de comandante en xefe, secretario do Partido Comunista de Cuba e presidente do Consello de Estado en seu irmán Raúl Castro, quen segundo a lexislación cubana é de feito o sucesor oficial. Nun comunicado lido polo seu xefe de gabinete, Carlos Valenciaga, Castro afirma que a súa dolencia obrígalle a "permanecer varias semanas en reposo" e afastado das súas responsabilidades e cargos. O líder cubano, que o próximo 13 de agosto cumpre 80 anos, sufriu unha hemorraxia intestinal e foi ingresado para unha operación cirúrxica.

- 09:57 01/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)